Adif avanza nos traballos para electrificar o trazado entre Monforte e Lugo

LugoXa | RibeiraSacraXa
Adif avanza nos traballos para electrificar o trazado entre o concello de Monforte e Lugo, de 75 quilómetros de lonxitude
Monforte Lugo Renovacion Via
13 Out 2022

Adif avanza nos traballos necesarios para instalar o sistema de electrificación no trazado de liña de ferrocarril convencional entre Monforte de Lemos e Lugo Mercancías, de 75 quilómetros de lonxitude.

En concreto, realizará distintas actuacións na vía (renovación de vía) e na infraestrutura (drenaxe, pasos superiores, túneles e trincheiras) deste tramo de liña que permitirán despois tender a electrificación.

Estes traballos suporán levantar a vía e outras instalacións en varios quilómetros do percorrido para permitir o rebaixe e sostemento nos túneles, ademais da adecuación das pontes existentes para a instalación da catenaria.

As actuacións, que se realizarán entre o sábado 15 e o luns 17 de outubro e entre o sábado 12 e o luns 14 de novembro, non son compatibles coa prestación do servizo ferroviario, polo que a empresa ferroviaria Renfe estableceu planes alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos programados para ditos días.

Con estes traballos, Adif avanza na renovación que leva a cabo na liña Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, de 117 quilómetros, para optimizar as súas condicións de explotación comercial en termos de fiabilidade, confort e tempos de viaxe. Con este fin, modernizaranse e adecuaranse as súas instalacións e infraestruturas, electrificarase este tramo entre Monforte de Lemos e Lugo a 25kV en corrente alterna e adecuarase a esta tensión a electrificación que xa ten o Ourense-Monforte.

Financiamento europeo

Esta actuación vai ser financiada pola Unión Europea-NextGenerationEU e contribúe á consecución do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 9, que fomenta infraestruturas fiables, sostibles e de calidade.

Plan alternativo por estrada para os servizos afectados

Renfe estableceu un plan alternativo de transporte por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo para os días 15,16,17 de outubro e 12,13 e 14 de novembro. Veranse afectados os trens que se indican a continuación:

- Do 15 ao 16 de outubro:

Tren Alvia con saída de Madrid-Chamartín ás 13.15 horas e chegada a Lugo ás 18.10 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 16.20 horas e chegada a Lugo ás 18.10 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Monforte de Lemos ás 7.11 horas e chegada á estación de A Coruña ás 10.12 horas.

Tren de Media distancia con saída de A Coruña ás 7.03 horas e chegada a Ourense ás 10.35 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 12.22 horas e chegada a Lugo ás 14.14 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Lugo ás 14.25 horas e chegada a Ourense ás 16.13 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 19:55 horas e chegada á estación de A Coruña ás 23:31 horas.

Tren de Media Distancia con saída de A Coruña ás 19.45 horas e chegada a Monforte de Lemos ás 22.56 horas

 

- Do 12 ao 13 de novembro:

Tren Alvia con saída de Madrid-Chamartín ás 13.15 horas e chegada a Lugo ás 18.10 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 16.20 horas e chegada a Lugo ás 18.10 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Monforte de Lemos ás 7.11 horas e chegada á estación de A Coruña ás 10.12 horas.

Tren de Media distancia con saída de A Coruña ás 7.03 horas e chegada a Ourense ás 10.35 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 12.22 horas e chegada a Lugo ás 14.14 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Lugo ás 14.25 horas e chegada a Ourense ás 16.13 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 19.55 horas e chegada á estación de A Coruña ás 23.31 horas.

Tren de Media Distancia con saída de A Coruña ás 19.45 horas e chegada a Monforte de Lemos ás 22.56 horas.

 

- Trens afectados os días 15, 16, 17 de outubro e 12, 13 e 14 de novembro:

Tren Alvia con saída de Lugo ás 11.05 e chegada a Madrid-Chamartín ás 16.06 horas.

Tren de Media Distancia con saída de Lugo ás 11.05 horas e chegada a Ourense ás 12.55 horas.

Medidas posventa

Para aqueles clientes dos trens de servizos comerciais ofrécese a posibilidade de anular os billetes ou cambialos sen custo adicional se as novas condicións da viaxe non se axustan ás necesidades dos clientes. O reintegro ou o abono xerado, producirase mediante o mesmo medio de pago previamente utilizado para a compra do título de transporte. Non se admiten bicicletas nin animais de compañía nos traxectos por estrada afectados.

0.19554591178894