Adnaloy e Noa, da Escola Magie Dance, proclamáronse subcampioas no Campionato do Mundo de Baile Deportivo

Dúas rapazas de entre 11 e 13 anos de Lugo proclamáronse subcampioas do Campionato Mundial de Baile Deportivo que se celebrou en Guadalaxara.
As alumnas da Escola Magie Dance participaron, xunto con outras 5 persoas da escola lucense neste campionato mundial no que houbo distintas categorías e estilos, pasando todos aos cuartos de final.
Adnaloy e Noa, cun dúo de bachata en categoría junior, quedaron segundas no podio pola súa “gran actuación”, da que está moi orgullosa a súa adestradora, Magalí. Esta tamén di estar “moi contenta” co resto de resultados, xa que “houbo tres dúos que se meteron na final de bailes caribeños en bachata e salsa, que quedaron 5º e 6º respetivamente”.
A escola Magie Dance ponse en marcha en 2019 co obxectivo de ofrecer clases de bailes caribeños, como bachata, salsa, merengue e quizomba; así como sevillanas, flamenco, danza do vente e ballet, para persoas de todas as idades.