Adrián Méndez presenta 'O violín que trae o vento' xunto a María Jorge

O libro-CD O violín que trae o vento, de Adrián Méndez, presentouse na Capela de Santa María de Lugo. A obra recupera a memoria de Modesta Fernández, coñecida como “a cega de Noceda”, unha violinista popular que levou a súa música polas cegadas, polavilas e ruadas da Fonsagrada e das zonas próximas de Asturias.
O proxecto, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolle o resultado da investigación realizada por Méndez sobre a vida e o legado desta artista, e inclúe recreacións do seu repertorio interpretadas polas violinistas María Jorge, Aldara Palmeiro, Antía Ameixeiras, Marina Carpente, Carmén Gallego e Begoña Riobó.
A dimensión musical do proxecto estivo tamén presente no acto, que contou coa participación da violinista María Jorge, quen ofreceu un concerto evocando o espírito e a forza da música de Modesta Fernández.