Adxudicada a obra da pasarela do centro de saúde de San Roque
O tenente alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que vén de adxudicarse a construcción da pasarela do centro de saúde de San Roque, en Fontiñas. O Goberno de Lugo aprobou hoxe a adxudicación da obra por un orzamento de 220.013,95€. A empresa que presentou a mellor oferta, Urbaconsa Lugo, terá un prazo de 4 meses desde que comecen os traballos para construír esta nova infraestrutura.
"Desde a nosa chegada ao Goberno Municipal tratamos de dar a mellor solución posíbel a esta solicitude que a veciñanza da zona levaba moito tempo realizando ", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "desde a área de Mobilidade estudamos as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda".
A solución plantexada pola área de Mobilidade pasará por crear unha pasarela que una o comenzo da rampa que da acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuízo, segundo o estipulado na normativa vixentes sobre accesibilidade e permitindo o paso de vehículos pola parte inferior. A pasarela terá un gálibo de máis de 4 metros, o que permitirá a circulación de vehículos pola súa parte inferior. A lonxitude total será de 34,68 metros. A nova pasarela permitirá, segundo declarou o Tenente de Alcalde, "unir o centro de saúde e as rúas Primavera e Peña Anda cun percorrido practicamente plano".