Adxudicada a redacción dun proxecto de contrución de 145 vivendas en Lugo

LugoXa
Tanto a composición como a dirección da obra será encomendada a UTE Müller Feijoo B2-Garabolos por un importe de 824.965,90 euros
fachada-garabolos
31 Jul 2025

A Xunta de Galicia adxudicará a redacción dos proxectos e dirección de obra para a construción de 199 vivendas de promoción pública nos concellos de Lugo e Pontevedra, por un importe total de 1,1 millóns de euros. O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia aprobou hoxe as adxudicacións.

En Lugo construiranse 145 vivendas de promoción pública na parcela B2 de Garabolos. A redacción do proxecto e dirección da obra será encomendada a UTE Müller Feijoo B2-Garabolos por un importe de 824.965,90 euros.

Os adxudicatarios disporán dun prazo de dous meses para a redacción do proxecto básico e tres máis para o de execución.

Con estas adxudicacións a Xunta avanza no compromiso de duplicar o parque de vivenda pública, estando actualmente en distintas fases de execución máis de 2.800 vivendas de promoción pública en diversas localidades galegas.

⚙ Configurar cookies
0.17346215248108