Adxudicadas as obras da rede de sumidoiros no barrio do Curro, en Castro Ribeiras de Lea

LugoXa | TerraChaXa
A empresa adxudicataria contará un prazo dun mes para iniciar os traballos coa acta de replanteo e despois serán dous meses máis para a execución da obra
saneamento-barrio-do-curro-castro-de-rei
3 Feb 2025

O Concello de Castro de Rei adxudicou as obras de construción dunha rede de saneamento para as vivendas do barrio do Curro, en Castro Ribeiras de Lea.

A adxudicataria da obra é Hermanos Blanco Trigo, que contará cun orzamento de 64.330 euros e que ten como obxectivo dotar dunha rede de sumidoiro que permita dar servizo ás vivendas existentes no barrio do Curro, porque a zona carece de servizo básico de sumidoiro para conexión das verteduras das augas residuais urbanas que se xeran nas vivendas, e dos medios necesarios para o seu correcto tratamento e depuración previos ao vertido ao medio receptor en condicións e parámetros hoxe considerados normais.

A obra abonarase con cargo á aplicación orzamentaria do presuposto municipal do 2024. Finánciase mediante subvención concedida pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024, cunha achega, incluídos honorarios, de 64.352,94 euros mentres que o concello pon 8.000 euros.

A empresa adxudicataria contará un prazo dun mes para iniciar os traballos coa acta de replanteo e despois serán dous meses máis para a execución da obra.

0.16881203651428