Adxudicadas dúas parcelas máis no polígono das Gándaras

LugoXa
A Xunta adxudicou un total de 69.
reunion xestur poligonos igvs
23 Out 2023

A Xunta adxudicou un total de 69.917,5 metros cadrados de solo empresarial en 5 polígonos, con bonificacións no prezo de venda por importe de máis de 3,3 millóns de euros. O prezo de adxudicación das parcelas, unha vez descontada a bonificación, foi de 7,15 millóns de euros.

A meirande parte das parcelas adxudicadas corresponden ao parque de Morás, en Arteixo, onde se adxudicaron 10 a 3 empresas dedicadas á fabricación de cadros eléctricos, á produción, almacenamento e distribución de hidróxeno verde renovable e a terceira a transporte e loxística.

No polígono lucense das Gándaras adxudicáronse 2 parcelas a empresas dedicadas a centro loxístico dunha firma de transporte de viaxeiros e á venda de produtos de alimentación e droguería. Supón unha superficie total de 6.339 mettros cadrados e un importe global de 380.340 euros.

Na área empresarial de Bértoa (Carballo), adxudicouse unha parcela a unha empresa do sector de montaxe e reparación de portas eléctricas.

No parque da Sionlla, en Santiago, adxudicáronse 2 parcelas a empresas destinadas ao comercio de produtos alimenticios e bebidas e ao transporte de mercadorías por estrada. Ademais, a parcela adxudicada en Negreira corresponde a unha empresa de almacenamento, mantemento e reparación de camións e escenarios móbiles.

0.12953400611877