Adxudicadas obras de mellora do firma en tres estradas da provincia

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
Afecta aos concellos de Castroverde, Baleira, A Fonsagrada, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Riotorto
fresado-obras-estradas-n-634
Obras
7 Jun 2024

A Xunta vén de adxudicar por 2.225.644 euros a execución das obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas na provincia de Lugo.

Esta intervención, adxudicada á empresa Construcciones Isidro Otero SL e cun prazo de 6 execución, consiste no acondicionamento das estradas LU-530, LU-122 e LU-113, ao paso por Castroverde, Baleira, A Fonsagrada, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Riotorto.

De xeito máis concreto, na estrada LU-530, actuarase entre as travesías de Castroverde e do Cádavo, ao longo dunha lonxitude de 8,78 quilómetros; e entre A Lastra e A Fonsagrada, en 19,34 quilómetros.

Na LU-122, intervirase no tramo Paraxes-Cruz da Cancela, nunha lonxitude de 20,12 quilómetros; e na LU-113, desde o final da travesía de Castro ata Xustás.

Estas actuacións danlle continuidade aos traballos executados en anos anteriores, pois na LU-113 mellorouse en 2023 o firme entre os puntos quilométricos 0 e 6+000 nos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Abadín.

0.15958905220032