Adxudicado o contrato de mantemento de estradas provinciais en Pol, Meira e Castro de Rei

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordou este venres adxudicar por un importe de preto de 1 millóns de euros e o período de 2025-2027, o lote 8 do contrato de conservación e mantemento de estradas de titularidade provincial.
Así o informou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen detallou que, desta forma para completar o contrato “tan só quedaría sacar a licitación e adxudicar os lotes 5, 6 e 7 que corresponden a concellos da zona da Montaña para cubrir os vindeiros dous anos toda a rede viaria provincial”, a máis extensa de toda España, con 4.200 quilómetros.
García Porto concretou que o lote que se vén de adxudicar afecta aos concellos de Castro de Rei, Pol e Meira.