Adxudicados máis de 400.000 euros para o abastecemento e saneamento da auga en Lugo

LugoXa
O contrato inclúe unha distribución orzamentaria de 302.500 euros anuais para a rede de abastecemento e 121.000 euros para a de saneamento
rede-auga-grifo
20 Dec 2024

Adxudicado o contrato do novo servizo de reparacións e apoio técnico para as redes de abastecemento e saneamento de auga de Lugo, que contará cun orzamento anual de 423.500 euros.

O contrato busca optimizar o mantemento destas infraestruturas esenciais, garantindo unha resposta eficaz e continuada ante calquera incidencia.

O novo servizo permitirá atender as avarías fóra do horario habitual da brigada de augas, reforzando o operativo activado nos últimos meses.

A empresa Gestagua será a encargada de prestar este servizo, que terá unha duración inicial dun ano, prorrogable por outro adicional.

O contrato inclúe unha distribución orzamentaria de 302.500 euros anuais para a rede de abastecemento e 121.000 euros para a de saneamento. Ademais, a nova contratación permitirá reforzar o mantemento preventivo e correctivo, anticipándose a posibles problemas e reducindo tempos de resposta ante emerxencias.

⚙ Configurar cookies
0.24044513702393