Adxudicados os traballos de peonalización da rúa Rafael de Vega

LugoXa
Adjudicados los trabajos de peatonalización de la calle Rafael de Vega en Lugo con un presupuesto de 221.427 euros.
Rafael de Vega (1)
30 Dec 2021

O tenente de alcalde e concelleiro de mobilidade e infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo aprobou a contratación da peonalización da rúa Rafael de Vega. O proxecto da nova zona peonil foi elaborada pola área de Mobilidade e Infraestruturas “mantendo xuntanzas coas veciñas e veciños da zona, contando co seu apoio e tendo en conta as súas necesidades para transformar esta rúa e gañar unha nova zona para o desfrute de toda a veciñanza”, explicou Rubén Arroxo.

O Goberno de Lugo adxudicou os traballos a Construcciones Sanle Lugo, que presentou unha oferta por valor de 221.427€ e un prazo de execución de 6 meses.

"Trátase dunha zona con moita poboación pero que non conta con zonas verdes nin peonís amplas", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "con esta humanización conseguiremos un espazo de lecer necesario para a veciñanza ao mesmo tempo que se continuará a traballar na redución de tráfico rodado en toda a cidade".

0.20821380615234