Adxudican novos postos na praza de Abastos
O Mercado Municipal acollerá a cafetería Fados no posto número 12, mentres que a cooperativa A Carqueixa ocupará os postos 24 e 25 da Praza de Abastos.
A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, informou da adxudicación de dous postos na Praza de Abastos e o Mercado municipal, os cales terán unha concesión por vintecinco anos sen prorroga.
Os postos adxudicados son o número 24 do Mercado Municipal e os números 24 e 25 da Praza de Abastos, que acollerán respectivamente á cafetería Fados e o Cooperativa A Carqueixa, que amplía a súa presencia na Praza de Abastos.
Dentro do proxecto presentado pola cafetería Fados inclúse a utilización de productos procedentes do mercado, e a organización de actividades para a veciñanza.
A Cooperativa A Carqueixa ampliará a súa presencia na Praza de Abastos, completando o círculo de producción que inician coa crianza de vacas en liberdade nos Ancares.
Cristina López destacou o traballo realizado pola área de Participación de cara a dinamizar a Praza de Abastos e o Mercado Municipal. "Hoxe podemos ver estes espazos cheos de vida, ocupados por novas xeracións de vendedoras e vendedores que continúan a achegar productos de calidade a estas dúas instalacións históricas que contan cun emprazamento totalmente renovado", afirmou a concelleira.