Afalu Alzhéimer organiza en Lugo unha formación sobre as adaptacións do fogar para persoas con demencia
LugoXa
Afalu Alzhéimer organiza en Lugo unha xornada formativa para as familias e coidadores de persoas con alzhéimer ou outras demencias neurodexenerativas na que van a tratar o tema das adaptacións no forgar para facerlles a vida máis sinxela e práctica.
12 Maio 2024

Será o 15 de maio de 9.00 a 14.00 horas na aula de formación do centro de día de Afalu Alzhéimer, situada na rúa Poeta Díaz Castro Nº 10, en Lugo. Os interesados poden inscribirse na páxina da Escola Galega de Saúde para Cidadáns https://escolasaude.sergas.es/Cursos-presenciais, no 607 843 384 ou no correo afalu@afalu.org