Afalu Alzheimer prepara un obradoiro de psicomotricidade e memoria en Palas
LugoXa
Os interesados poden facer as súas inscricións nos Servizos Sociais do Concello de Palas de Rei
Imaxe de arquivo
25 Xuño 2024
Afalu Alzheimer organiza un obradoiro de psicomotricidade e memoria no Centro Comarcal da Ulloa, en Palas de Rei. A cita será o vindeiro 26 de xuño de 16.30 a 20.30 horas. Os interesados poden facer as súas inscricións nos Servizos Sociais do Concello de Palas de Rei ou a través de afalu@afalu.org ou no 607 843 384.