Afalu Lugo imparte un curso de comunicación con persoas con deterioro cognitivo no Corgo

LugoXa
O vindeiro xoves 9 de maio de 16.
6 Maio 2024

O vindeiro xoves 9 de maio de 16.00 horas a 20.00 horas a veciñanza do Corgo poderá participar nun curso sobre a comunicación con persoas con deterioro cognitivo. A actividade, coa que se consegue un diploma da Escola Galega de Saúde, terá lugar no centro sociocultural.

Trátase dunha formación gratuíta na que se tratarán as alteracións da persoa con demencia na comunicación, técnicas de comunicación efectiva verbal e non verbal, así como exercicios de estimulación da comunicación nas diferentes fases da enfermidade.

Os interesados poden inscribirse no centro sociocultural do Corgo, no 982 302 377 ou no correo afalu@afalu.org e no 607 843 384.

0.19375205039978