Afalu organiza en Lugo sesións para previr a sobrecarga no traballo dos coidadores
Este mércores 28 de febreiro Afalu organiza a próxima sesión dos Grupos de Familias, dirixida tanto a coidadores como a familiares de persoas afectadas por algún tipo de demencia. Ofrecerán dúas sesións en Lugo, con horario e localización distinta. Unha será no centro de día na rúa Poeta Díaz Castro Nº 10 de 16 a 17.30 horas e outra na Unidade Terapéutica, situada na avenida Infanta Elena, 11, no Edificio Clara Campoamor, de 18 a 19.30 horas.
Esta vez o grupo traballará na incidencia que as tarefas de coidado das persoas que padecen algún tipo de demencia poden supoñer unha sobrecarga para o coidador, podendo chegar a provocar estados de ansiedade, depresión e estrés. Isto repercuten na saúde física e mental.
Por iso, o obxectivo desta sesión será coñecer aqueles sinais de alarma que axuden a identificar a sobrecarga, así como dar estratexias para previla. Trátase dun espazo onde se poderán resolver dúbidas , intercambiar puntos de vista e compartir experiencias.