Aínda se pode realizar a inscrición para a Xacorun que se aprazou ata o 19 de marzo

LugoXa | SarriaXa
Aún se puede realizar la inscripción para la carrera Xacorun que tendrá lugar el 19 de marzo con varias modalidades.
xacorun sarria
12 Mar 2022

A etapa entre Sarria e Portomarín converterase nunha proba deportiva o vindeiro 19 de marzo. Trátase dunha experiencia que achega o Camiño de Santiago aos atletas lucenses, que poderán desfrutar dunha contorna idílica.

Cada participante poderá elixir en que carreira participar xa que se presentan tres modalidades. Carreira individual de 11 km ou de 22 km ou carreira de relevos que se levará a cabo por parellas facendo os primeiros 11 km un e os 11 restantes o outro membro da parella.

Tódolos corredores que o soliciten disporán dun autobús que sairá dende Portomarín ata Sarria ás 15.45 horas. Ademais, os participantes que elixan a carreira por parellas e fagan a primeira parte terán tamén transporte de volta a Portomarín.

Esta proba é ideal para aqueles que lles gusta o trail. O percorrido mestura asfalto e trail polo que os deportistas deberán atravesar ríos, camiños, sendeiros, vilas, etc.

O tempo máximo para a realización da proba será de catro horas e media, ás 21.00 horas retiraranse os controis electrónicos, persoais e avituallamentos do longo do percorrido.

Aínda se pode realizar a inscrición. O prezo para a carreira individual de 22 km ten un prezo de 20 euros xa que xa hai máis de 100 inscritos nesta modalidade. A carreira individual de 11 km custará 10 euros aos 100 primeiros e 12 a partir do 101. O prezo da carreira por parellas de 22 km será de 26 euros aos primeiros 50 inscritos e de 30 do 51 en adiante.

0.16123294830322