Ainhoa Arteta inaugura o novo auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

LugoXa
Pola súa parte, o sábado 21 será a quenda da Orquestra Terra Nova, composta por case 150 músicos e coristas
auditorio-de-magoi
20 Dec 2024

Esta tarde, a partir das 19.00 horas, abrirase o novo auditorio de Lugo baixo o nome de Fuxan Os Ventos para recibir a case 1.000 persoas que irán desfrutar do concerto de Ainhoa Arteta.

O nome, escollido pola sociedade lucense a través dunha votación popular que puxo en marcha o Concello de Lugo na súa páxina web, foi un dos catro propostos, a pesar de que había outras opcións que non se tiveron en conta, como a proposta pola Asociación Lugo Monumental, de Negra Sombra.

Así, Ainhoa Arteta actuará no novo auditorio, que xa está listo e preparado para acoller diferentes eventos culturais despois de meses e anos de disputas entre o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia por ver quen tiña a responsabilidade de abrir estas instalacións.

Así, no pleno de setembro, por fin, anunciouse que o auditorio abriría en Nadal , tras acometer diversas melloras que tiveron que facerse nel durante estes últimos meses para poñelo a punto.

A alcaldesa, Paula Alvarellos, sostivo que o concerto de Ainhoa Arteta "é unha oportunidade única para poñer en valor o talento musical de Lugo e amosar a riqueza cultural da nosa cidade", destacou Alvarellos. Polo que, tamén o domingo 22, Ainhoa Arteta volverá ao escenario cunha segunda actuación que promete ser inesquecible.

Pola súa parte, o sábado 21 será a quenda da Orquestra Terra Nova, composta por case 150 músicos e coristas, que ofrecerán un espectáculo único co talento local como protagonista.

⚙ Configurar cookies
0.17295598983765