Airiños de Orbazai abre o novo curso con obradoiros de baile, pandeireta e percursión
Airiños de Orbazai abre o prazo de inscrición para as distintas actividades que ofertan este novo curso. Dende o martes 3 ata o sábado 7 de setembro comezarán coas clases de música tradicional, polo que os interesados poden probar sen compromiso. Deste xeito, o grupo de pandereteiras de Orbazai ensaiará os martes de 19.30 a 20.30 horas e o grupo Airiños de Orbazai farao de 20.45 a 22.15 horas.
Ademais os interesados no resto de clases que ofertan dende o colectivo terán as clases os sábados. O grupo de pasacalles e de iniciación de pandeireta e percursión farao en horario de 10.00 a 11.00. Neste mesmo horario impartirán pandeireta para nenos a partir de 4 anos.
Ademais, de 11.00 a 12.00 ofrecen baile para a cativada; de 12.00 13.00 horas gaita e de 13.00 a 14.00 perfecionamento de baile tradicional. O curso desenvolverase ata o 7 de xuño e os pagos faranse na primeira clase de cada mes. No caso de baile e pandeireta para nenos comezarán os obradoiros o 21 de setembro.