Airiños de Orbazai estrea o domingo en Vilalba o seu novo disco, 'Orixe'

LugoXa | TerraChaXa
A entrada ao concerto, que é ás 20.00 horas, será de balde
concerto-airinos-de-orbazai-vilalba
5 Apr 2025

O grupo de cantos populares e música tradicional Airiños de Orbazai ofrecerá un concerto especial este domingo, 6 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio Carmen Estévez de Vilalba.

O evento servirá como presentación oficial do seu novo traballo discográfico, titulado Orixe.

A agrupación, coordinada por Javier Pajón, convida ao público a asistir a este concerto, no que darán a coñecer as súas novas composicións mantendo a esencia da música tradicional galega. A entrada será de balde e as persoas interesadas poden retirar as súas localidades a través da web do auditorio.

Con este novo proxecto, Airiños de Orbazai reafirma o seu compromiso coa recuperación e divulgación do patrimonio musical galego, ofrecendo un espectáculo cheo de emoción e raíces.

⚙ Configurar cookies
0.18105292320251