AJE Lugo saca unha promoción para os novos empresarios
A Asociación de Novos Empresarios de Lugo (AJE Lugo), sempre velou polos intereses dos empresarios e empresarias, emprendedores e autónomos da provincia de Lugo, poñendo á súa disposición a completa listaxe de servizos e convenios co que contan.
Xa sexa a través de asesoramento, formación, congresos, networking, acompañamento durante o nacemento e consolidación dos proxectos empresariais; AJE Lugo leva anos contribuíndo á visibilización, apoio e recoñecemento do tecido económico-empresarial de Lugo desde a base. Por iso, a Asociación quere soster e facilitar o acceso aos seus servizos e o emprendemento, sen esquecer aqueloutras empresas xa consolidadas e cunha maior traxectoria.
É por iso que no mes de xuño lanzan unha promoción válida ata que finalice agosto, grazas á cal, os socios que veñan recomendados por outro, acolleranse á campaña Trae unha empresa!, e ambos poderán beneficiarse dun 50% de desconto na cota trimestral.
As condicións son moi simples: socio novo que se inscriba coa recomendación doutro socio, ou dous novos socios que se recomenden mutuamente. Desconto de 50% na cota trimestral durante un ano para ambos e a cambio, o compromiso dun ano de permanencia na asociación.
As inscricións poden facerse a través da web www.ajelugo.com, no teléfono 982 224 699 ou no correo info@ajelugo.com, ou presencialmente na oficina situada na Av. Coruña, 500 Edificio CEI NODUS, 1ª planta. Na web pódese atopar a listaxe de servizos e convenios propios da Asociación e, a través do correo, solicitar máis información sobre outros convenios e servizos aos que teñen dereito os socios.