Alba Aceytuno actúa en Lugo como previa do festival de Jazz
O venres 22 de setembro, na sala Clavicémbalo, actuará a saxofonista Alba Gil Aceytuno co motivo da XXXIII edición do Festival de Jazz de Lugo. Esta actuación é unha das citas previas do festival, xunto coa de Xosé Miguélez e Jean-Michael Pilc Quartet, que actuou o pasado sábado 19 de agosto.
A saxofonista estará acompañada no escenario por Alberto Díaz, José Carlos Cejudo, Juan Pérez e Luis Merino.
Todos os temas están compostos por ela, con tintes de jazz, hip-hop, punk rock e folklore canario. O disco móvese entre o instrumental e o cantado, poñéndolle palabras a,ás súas inquedanzas e percepcións . En 2022 recibiron o premio ao mellor disco de jazz e musical de fusión nos Premios Canarios da música; e en abril de 2023 gañaron o concurso Sonora, celebrado na capital Gran Canaria