Alba Navarro Sánchez gañadora do XII Certame de Postais do Nadal da Fonsagrada

Alba Navarro Sánchez, alumna de 4º da ESO do IESP Fontem Albei, gañou o XII Certame de postais do Nadal da Fonsgrada. Esta postal foi a seleccionada para felicitar aos veciños e veciñas do Concello durante estas datas.
O xurado baseouse na creatividade e orixinalidade da postal para outorgarlle o premio.
Neste concurso podían participar todos os rapaces que estiveran matriculados no IES Plurilingüe Fontem Albei as postais terían que estar relacionadas con motivos do Nadal e A Fonsagrada quedando excluídos os traballos cuxo contido puidera causar rexeitamento social.
