Alberto Losada mantén o optimismo fronte ao informe desfavorable do Concello sobre a ampliación da protectora

LugoXa
A pesar das alegacións municipais, a protectora asegura que o proxecto sairá adiante tras a reunión do arquitecto con Urbanismo
Alberto-Losada-Protectora-Lugo
4 Sep 2025

O presidente da Protectora de Lugo, Alberto Losada, mostrouse optimista a pesar do anuncio do pasado martes polo Concello, que sinalou que emitiría un informe desfavorable á ampliación das instalacións ao considerar que non se respecta a distancia mínima de separación a lindes, tal e como establece a Lei do Solo de Galicia.

O segundo informe municipal indicaba que o expediente presentado non corrixía as deficiencias detectadas no primeiro requirimento, no que xa se advertira da necesidade de respectar os cinco metros libres a lindeiros e outras cuestións pendentes de emendar.

Con todo, o arquitecto da protectora reuniuse co área de Urbanismo para chegar a un acordo, e desde a entidade sosteñen que "o proxecto farase como queiran desde o Concello, pero debe facerse. O proxecto sairá si ou si".

Ademais, recoñecen que lles sorprendeu a maneira de comunicarlles que o proxecto non cumpría os requisitos, pero subliñan que "por unha cousa técnica non vai deixar de saír adiante, entendemos que tras a reunión nos van conceder a licencia".

⚙ Configurar cookies
0.17579984664917