Alberto Losada, novo presidente da protectora, gaña por un único voto

Alberto Losada foi elixido presidente da protectora nunhas eleccións marcadas pola mínima diferenza, cun único voto de vantaxe sobre a súa competidora, Carla Cociña. A lista de Losada obtivo 68 apoios, mentres que a candidatura de Cociña acadou 67.
O proceso xerou unha asamblea moi tensa, con críticas ao método de recuento e especialmente a un voto emitido ao límite do peche de votacións. Algúns membros da lista alternativa manifestaron a súa intención de impugnar os resultados e reclamar unha repetición da elección, ao considerar que o proceso non reflicte realmente os intereses da maioría dos socios.
Aínda que Carla Cociña e o seu equipo aínda non decidiron se formalizarán a impugnación, Alberto Losada mostrouse satisfeito co resultado e comprometeuse a traballar con afán, mantendo como prioridade o benestar dos animais e continuando coas reformas e ampliacións necesarias na protectora para mellorar as súas condicións.