Alcer celebra unhas xornadas renais sobre doazón e transplantes este domingo

LugoXa
A asociación Alcer de Lugo celebra este domingo ás XV Xornadas Renais que terán lugar no salón de actos do Hospital Lucus Augusti.
Xornadas renais ALCER 3 portada
21 Oct 2022

A asociación Alcer de Lugo celebra este domingo ás XV Xornadas Renais que terán lugar no salón de actos do Hospital Lucus Augusti. Co titulo, Doazón e transplante, un camiño por recorrer, estas xornadas reúnen a diferentes especialistas en doazón e transplantes renais.

As xornadas darán comezo ás 9.30 coa acollida e entrega de documentación para realizar a apertura ás 10.00 a cargo das autoridades. Ás 10.30 dará comezo a primeira conferencia Doar é dar vida a cargo de Miguel Ángel Fernández médico especialista en medicina intensiva.

Ás 11.00 terá lugar Ampliando as posibilidades de doazón por Constantino Fernández nefrólogo do Complexo Hospitalario da Coruña e ás 11.30 Alba María farmacéutica do HULA falará de Fármacos inmunosupresores, elemento clave no transplante.

Despois de un pequeno descanso ás 12.15 Francisco Trashorras e Maria Esther falarán de Historia de vida, doazón en vida e ás 12.45 Daniel Arias e Josibel García estarán con Gracias por doar unha parte de ti.

O peche das xornadas terá lugar ás 13.15 e haberá uns pinchos para todos os participantes.

Xornadas renais ALCER

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18219399452209