Alcer conta con un novo programa de atención psicolóxica para pacientes
ALCER Lugo pon en marcha un novo Programa de Atención Psicolóxica en Enfermidade Renal cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas con Enfermidade Renal Crónica (ERC) e tamén a dos seus familiares. Este programa beneficiará a 200 persoas, entre pacientes e familiares
Entre as principais liñas de actuación, o programa implementará espazos de axuda mutua, a través da creación de grupos de iguais, e promoverá a atención psicolóxica a menores e adultos con ERC.
Pretende converterse nun foro de entendemento, acompañamento, información e comprensión. Todo iso supoñerá un bastión importante para a convivencia coa enfermidade e a mellor asimilación de todos os cambios que conleva e para axudar a unha mellor adherencia ao tratamento, a través de talleres, charlas e apoio psicolóxico
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.