Alcer e Alucem organizan unha nova ruta guiada por Lugo
LugoXa
Alcer – Lugo e Alucem volven colaborar nunha nova ruta guiada gratuita dentro do programa 'Catro estacións para todos en Lugo'.
9 Maio 2022
As entidades Alcer – Lugo e Alucem volven colaborar nunha nova actividade do programa Catro estacións para todos en Lugo. A actividade consiste na realización de catro rutas solidarias accesibles pola capital, guiadas polo guía turístico, Guido Álvarez Parga.
Logo do éxito da andaina realizada o pasado mes de febreiro (inverno), as dúas asociacións únense de novo este vindeiro xoves para unha nova ruta gratuita, a de primavera, para todos os participantes.
Alcer-Lugo e Alucem invitan á cidadanía a esta nova actividade que terá lugar o vindeiro xoves, 12 de maio ás 16.30 horas. A saída será da Porta Santiago. As inscripcións realizaranse nos teléfonos 634831597 o el 633948256 onde tamén se informará de todos os detalles.