Alcer Lugo celebra as súas 18 Xornadas Xornadas de Saúde Renal no HULA

LugoXa
O encontro contará coa participación de profesionais sanitarios e representantes institucionais, cun programa centrado na mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade renal e na promoción da saúde
Xornadas-Alcer-Lugo
12 Nov 2025

A asociación Alcer Lugo celebrará o vindeiro sábado 16 de novembro as súas 18 Xornadas de Saúde Renal, que terán lugar a partir das 10:00 horas no salón de actos do Hospital Lucus Augusti (HULA). O encontro contará coa participación de profesionais sanitarios e representantes institucionais, cun programa centrado na mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade renal e na promoción da saúde.

A xornada comezará coa acollida de asistentes e entrega de documentación ás 9:30 horas, seguida da apertura oficial ás 10:00 horas a cargo de diversas autoridades: Gloria Enríquez Sanjurjo, supervisora da Área de Humanización do HULA; Pablo Rivera Capón, deputado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo; Javier Arias Fouz, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; Miguel Fernández Méndez, alcalde do Concello de Lugo; e María José Otero Díaz, presidenta de Alcer Lugo.

A primeira mesa, titulada “Calidade de vida”, celebrarase de 10:30 a 11:15 horas, coa intervención de Alejandro González Casanova, enfermeiro de diálise do HULA. A continuación, de 11:15 a 12:00 horas, terá lugar a segunda mesa baixo o título “Diálise: en domicilio é mellor”, a cargo do Dr. Jansen Quispe Gonzales, médico adxunto de Nefroloxía do mesmo hospital.

Despois dunha pausa para o café ás 12:00 horas, a actividade retomarase ás 12:30 coa terceira mesa, “Máis alá da enfermidade: o equilibrio entre a medicina e a mente”, impartida por Álvaro Sempere (Hari Kirtan Das), profesor de Filosofía e músico experto en ioga e mantras.

A clausura está prevista para as 14:00 horas, coa participación de Olga López Racamonde, concelleira de Benestar Social e Maiores do Concello de Lugo, e da presidenta de Alcer Lugo, María José Otero Díaz. O encontro rematará cun aperitivo para os asistentes ás 14:15 horas.

⚙ Configurar cookies
0.17160797119141