ALCER Lugo conmemora o Día Mundial do Riñón con diferentes actividades na cidade
O día 10 de marzo conmemórase o Día Mundial do Riñón, serán moitas as cidades de España que tinguirán de vermello os seus edificios públicos principais co fin de sumarse á celebración. En Lugo serán a Casa Consistorial e a pasarela peonil do Miño.
Este día naceu para alertar e sensibilizar á poboación do crecemento continuado da Enfermidade Renal Crónica nos últimos anos. Este ano, nun contexto de dobre preocupación ante o eleveado incremento de enfermos desta patoloxía e o impacto negativo que a pandemia tivo sobre os mesmos.
A enfermidade afecta a un 10-15% da poboación adulta, mingua a calidade de vida e é pouco coñecida pola sociedade. Este problema grave de saúde segue crecendo e coñécese como a epidemia silenciosa xa que o seu diagnóstico sole ser tardío.
Os datos sobre a evolución da enfermidade reflicten a súa gravidade. A presidenta de ALCER Lugo María José Otero Díaz, destaca que “a prevención e fomentar a saúde renal, debe ser unha das prioridades das políticas de saúde. Temos que evitar que as persoas desenvolvan unha enfermidade renal e cheguen a tratamento sustitutivo como a diálise ou o transplante, pois ten un elevado impacto na vida social, laboral, emocional e familiar. Por todo iso, é clave a educación para a saúde renal en colexios, universidades e todo o sistema de saúde, mellorando así a calidade asistencial e aumentando o coñecemento na poboación xeral da enfermidade renal, para mellorar a atención e os coidados das persoas con enfermidade renal, os seus coidadores e familiares”.
ACTIVIDADES ALCER LUGO
Esta noite do 9 ao 19 de marzo iluminarase o Concello de Luego e a pasarela peonil do Miño en color granate, conmemorando este día. Ademais, o día 10 pola mañá, entre as 10.30 horas e a 13.30 horas, intalaranse mesas informativas no Concello, Deputación e Hula. Ese mesmo día, pola tarde, de 16.30 a 21.00 horas Alcer Lugo estará no punto solidario das Termas. O día 12, a mascota da asociación Rili, bailará con Maximus no intermedio do partido de baloncesto entre o Breogán e o Valencia, para dar visibilidade a este día.