Alcer Lugo imparte un obradoiro sobre a xestión do estrés e a ansiedade

LugoXa
Alcer Lugo imparte un novo obradoiro sobre a xestión do estrés e a ansiedade o vindeiro 17 de abril na aula do parque infantil de tráfico de Fricasa.
14 Apr 2024

Alcer Lugo imparte un novo obradoiro sobre a xestión do estrés e a ansiedade o vindeiro 17 de abril na aula do parque infantil de tráfico de Fricasa. A proposta desenvolverase de 16.00 a 20.00 horas.

A través desta actividade preténdese ensinar a identificar o signos do estrés e da ansiedade e a controlalos. Os interesados en participar na actividade que de novo é de carácter gratuíto poden realizar a súa inscrición a través do 619 609 707 ou da páxina web da Escola Galega de Saúde.

0.17610287666321