Aldara Meilán da Escuela Atlética Lucense, convocada para o Campionato do Mundo

LugoXa
A atleta lucense foi convocada para o Campionato do Mundo que se levará a cabo na capital do Perú entre o 26 e o 30 de agosto
aldara_meilan
7 Ago 2024

A atleta lucense Aldara Meilán foi convocada para o Campionato do Mundo que se levará a cabo na capital do Perú entre o 26 e o 30 de agosto. A líder mundial da distancia, subcampioa mundial individual e campioa por equipos en ruta, consegue unha nova oportunidade para seguir demostrando o seu gran nivel e facer historia.

A internacional da Escuela Atlética Lucense non para de colleitar bos resultados. No último Campionato de España Sub 20 proclamouse campioa firmando un novo récord con en 5.000 Marcha. Ademais, xunto con Sofía Santacreu e Griselda Serret, Meilán arrasou no mundial sub'20 de 10 quilómetros marcha por países celebrado no mes de abril en Turquía.

As deportistas subiron ao máis alto do podio que completaron China e Italia. Aldara, cunha marca de 45:12, foi a primeira en cruzar a liña de meta, seguida por Santacreu e Serret. Estes resultados sitúanse como un momento histórico para a marcha española.

0.19352602958679