A alerta amarela faise notar en Lugo con fortes precipitacións e inundacións en varias rúas

LugoXa
En puntos da cidade como Fontiñas, rúa Alta ou Lamas de Prado foi especialmente notable a alerta
alerta_amarela_fontiñas
29 Xul 2024

O Concello de Lugo informa que a Dirección Xeral de Emerxencias activou unha alerta amarela por fortes treboadas e precipitacións que poderían deixar acumulacións puntuais nunha hora de 15 litros/m2 no municipio de Lugo entre as 15.00 e as 21.00 horas. Neste senso, o concelleiro de Transición Ecolóxica, explicou que se enviou o aviso aos corpos de seguridade e emerxencias do Concello: Policía Local, Bombeiros e Protección Civil para que extremen a vixiancia.

Así mesmo, solicítase á cidadanía que eviten correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade. En puntos da cidade como Fontiñas, rúa Alta ou Lamas de Prado foi especialmente notable a alerta. En apenas minutos, as riadas de auga a causa da forte tromba causaban grandes inundacións e dificultaban a vehículos e viandantes circular pola zona.

0.1852388381958