Álex Ortiz, novo adestrador do CD Lugo B ata 2026

O Club Deportivo Lugo chegou a un acordo con Álex Ortiz para a súa incorporación como novo adestrador do CD Lugo B.
O técnico malagueño regresa así á cidade amurallada despois de ter dirixido ao filial albivermello durante as tempadas 2020-21 e 2021-22, na que logrou o histórico ascenso á Segunda Federación con xogadores destacados como Andrés Castrín, Leandro Antonetti e Dani Vidal.
David Páez, quen asumira de forma interina o cargo de primeiro adestrador do filial, continuará desempeñando as súas funcións como Director da canteira do club.
Ortiz, nado o 1 de outubro de 1987, firma un contrato co CD Lugo B ata 2026 e incorporarase de maneira inmediata ás sesións de adestramento do filial albivermello, co obxectivo de seguir impulsando o crecemento dos novos talentos da canteira.
Con este movemento, o club confía na experiencia e o coñecemento de Álex Ortiz para continuar co traballo desenvolvido nas tempadas anteriores e levar ao filial a novos retos na competición.