Alexandre Penas e Felipe Rivas visitan o colexio do Sagrado Corazón con persoal técnico do Concello

LugoXa
Alexandre Penas y Felipe Rivas realizaron una visita junto con el personal técnino municipal al colegio del Sagrado Corazón.
Felipe rivas visita sagrado corazon
6 Dec 2021

Alexandre Penas e Felipe Rivas, edís responsábles das concellerías de Infraestruturas Urbanas e Educación, realizaron unha visita xunto con persoal técnico municipal ao colexio do Sagrado Corazón. Felipe Rivas explicou que “desde o Concello encargámonos do mantemento dos distintos colexios da cidade, e con esta visita os distintos servizos do concello continúan o traballo que levan desenvolvendo desde o comezo do curso”.

O edil de Educación explicou que “no caso de detectárense deficiencias, o Concello pedirá a educación que se amañen para poder continuar co procedemento de recepción das instalacións, o que nos permitirá prestar os distintos servizos cando sexa necesario”.

Felipe Rivas lembrou que “a Xunta de Galiza ten as competencias en educación e debería encargarse de todas as cuestións relacionadas”. Segundo o edil de Educación, “os servizos que os concellos prestamos aos colexios supoñen un gran esforzo ano tras ano, tanto económico como administrativo”. Rivas afirmou que “seguiremos traballando para que a Xunta se faga cargo das súas competencias".

0.16771697998047