Alpha Wolf Pack trae a Lugo preto de 20 medallas

LugoXa
A expedición de Alpha Wolf Pack que representou a Lugo esta fin de semana no Campionato estatal de Jiu Jitsu Brasileño acadou 10 ouros.
Alpha Wolf Pack campionato españa
23 May 2022

Alpha Wolf Pack regresa a casa con 10 ouros acadados no Campionato estatal de Jiu Jitsu Brasileño. Segundo informa o equipo, os lucenses conseguiron ademais 5 pratas e 3 bronces. Unha colección de medallas que se suman aos títulos xa conseguidos polos deportistas do Alpha Wolf Pack noutras competicións.

Luis Castaño, quen liderou esta expedición lucense-ourensá, conseguiu o título de campión estatal de No Gi e subcampión con kimono. Ademáis de acadar o bronce absoluto No Gi.

Diego Rodríguez Miranda acadou o oro, e polo tanto o título estatal na categoría con kimono. Un galardón que acadou tamén Moisés Rey, conseguindo a máxima puntuación nos dous campionatos na súa categoría: campión estatal con kimono e tamén en No Gi; ademáis conseguiu o bronce absoluto con kimono.

Outro membro do Alpha Wolf Pack que acadou os dous títulos de campión estatal é Yoel Barrios quen liderou, na súa categoría, tanto con kimono como No Gi.

Juan Carlos Estevez de Prado resultou campión e subcampión estatal en No Gi e con kimono, respectivamente. Unha prata tamén foi para Diego Uzal.

Marco Castrillón, repetiu o esquema do seu lider cun ouro en No Gi e unha prata con kimono. Por último, Samuel Fernández e Yadhira Álvarez acadaron cadanseu ouro, recibindo o título de campiones estatais. Daniel Flores coronouse como subcampión da súa categoría, mentres que Álvaro López e Borja Gay, fixéronse co bronce con kimono. Ademáis, Gay tamén conseguiu o bronce en No Gi.

0.16663813591003