Alternativa Veciñal de Antas mostra preocupación polo traslado de usuarios ante a construción da nova residencia

LugoXa
Alternativa Veciñal de Antas mostra preocupación polo traslado de usuarios ante a construción da nova residencia
apartamentos tutelados antas ulla
21 Nov 2022

Dende Alternativa Veciñal mostran preocupación polo traslado de usuarios ante a construción da nova residencia e traslada preguntas ao Concello sobre a recolocación dos residentes.

A Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia adxudicou as obras para a transformación dos apartamentos tutelados para persoas maiores de Antas de Ulla nunha nova Residencia de maiores con 58 prazas residenciais (25 cuartos dobres e 8 individuais, dos cales 14 prazas serán para persoas con demencia).

Dende Alternativa Veciñal comentan que estas obras “suporán unha reforma significativa do edificio para a nova disposición de tódalas áreas e servizos necesarios para establecer unha Residencia de maiores” e “ante preguntas da agrupación polo tipo de residencia que se vai establecer, o alcalde manifestou no pleno do 29 de marzo que será de asistidos”. Polo tanto, “dado o cambio de tipoloxía de centro e a duración e a entidade das obras, preocúpanos a inminente recolocación dos actuais residentes, veciños de toda a vida da nosa vila”.

Dende AVA preguntan se “o Concello ten información relativa a onde e cando se vai producir a recolocación dos actuais usuarios dos apartamentos tutelados, se este traslado é temporal e se está garantida á volta a nova residencia da nosa vila (dado o cambio de tipoloxía) ou que xestións realizou o Concello de Antas de Ulla para garantir que este traslado sexa en centros próximos a Antas de Ulla”

Por iso dende Alternativa Veciñal solicitan “resposta a estas preguntas por escrito ou en sesión plenaria”.

0.17385792732239