Altri vén de pechar a compra a Smarttia de Greenalia Forest

Altri vén de pechar a compra a Smarttia de Greenalia Forest, unha das principais empresas do sector forestal na comunidade, e de Greenalia Logistics, operación que fora anunciada o pasado mes de xaneiro e que supón un paso estratéxico no seu proceso de expansión en Galicia.
Con esta adquisición, Altri reforza a súa presenza en Galicia e reafirma o seu compromiso coa comunidade local e cos seus socios.
Actualmente, a actividade de Altri en Galicia está centrada de cheo no sector forestal, e esta nova adquisición permitirá potenciar esta actividade, para achegar valor a un sector estratéxico para Galicia e continuar traballando polo desenvolvemento sustentable e a valorización dos recursos naturais desta comunidade.
A compañía continuará colaborando con provedores locais que adopten as mellores prácticas de xestión forestal, fomentando a creación de emprego e impulsando o aumento da produtividade forestal actual en Galicia, así como o desenvolvemento económico e social da comunidade autónoma.
A operación está aliñada cos valores fundamentais de Altri, entre os que se atopa a sustentabilidade, o equilibrio e o respecto pola conservación e preservación dos recursos naturais.
Esta operación reflicte o propósito da compañía de avanzar na construción dun mundo máis renovable, achegando valor ás comunidades locais e fortalecendo a economía do seu contorno.