Alucem informa á cidadanía sobre a Esclerose Múltiple en Lugo
LugoXa
Alucem instalou no Pazo de San Marcos unha mesa informativa sobre a Esclerose Múltiple no Día Mundial desta doenza.
31 Maio 2022
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou onte a mesa informativa que instalou a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) no Pazo de San Marcos para a visibilizar e concienciar sobre esta enfermidade con motivo do Día Mundial desta doenza.
A Deputación de Lugo colabora coa entidade lucense cunha achega económica de 10.000 euros para apoiar o seu funcionamento. Rivera Capón felicitou a ALUCEM polo labor que desenvolve para axudar a mellorar a calidade de vida e facilitar o día a día dos doentes e das súas familias.