Alucem Lugo continúa o 5 de marzo o seu programa de relaxación cunha nova sesión de meditación guiada

LugoXa
A actividade celebrarase ás 18 horas no ximnasio da Casa Clara Campoamor baixo a dirección da instrutora de ioga Cecilia Cossio
Casa-Clara-Campoamor-Lugo-Alucem-ximnasio
4 Mar 2026

Alucem Lugo retoma este xoves 5 de marzo o seu Programa de Relaxación cunha nova sesión centrada na meditación guiada, unha proposta que procura ofrecer ás persoas participantes un espazo de calma e benestar a través de técnicas de respiración e concentración.

A actividade estará dirixida pola instrutora de ioga Cecilia Cossio e desenvolverase ás 18 horas no ximnasio da sede da entidade, situado na Casa Clara Campoamor. Como cada semana, a iniciativa forma parte do calendario estable de actividades impulsadas pola asociación para fomentar hábitos saudables e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

Con este programa, Alucem Lugo consolida unha oferta orientada ao coidado emocional e físico, promovendo espazos de encontro onde traballar a relaxación e o equilibrio persoal.

0.13236999511719