ALUCEM pon en marcha un proxecto de atención integral para persoas que padecen a enfermidade

A Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) iniciou unha iniciativa destinada a atender de forma integral as necesidades de pacientes con esclerose múltiple e outras enfermidades neurodexenerativas relacionadas, como a ELA. O proxecto ofrece servizos de atención social, psicolóxica e fisioterapéutica, buscando mitigar o impacto físico, emocional e social destas enfermidades.
Durante o cuarto trimestre de 2025, 20 persoas da provincia de Lugo están a beneficiarse do programa “Atención integral a persoas afectadas por esclerose múltiple”, co que reciben tanto terapia fisioterapéutica como apoio social e psicológico. Esta iniciativa foi presentada a través da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e ten como obxectivo atender as demandas específicas dos pacientes, así como ofrecer soporte aos seus familiares.
O proxecto céntrase en dous eixos principais: por unha banda, paliar a evolución física das enfermidades neurodexenerativas mediante sesións de fisioterapia, cunha intensidade mínima dunha sesión á semana; e por outra, reducir o impacto psicosocial da enfermidade a través dunha intervención que inclúe diagnóstico social das necesidades do paciente e o seu entorno, apoio na xestión de trámites administrativos como a lei de dependencia ou o grao de discapacidade, e acompañamento emocional.
Esta iniciativa forma parte do Plan de Prioridades da COCEMFE e está financiada pola Fundación ONCE, que proporciona asesoramento e realiza un seguimento pormenorizado do desenvolvemento do proxecto para garantir o éxito das accións destinadas aos usuarios.