Alume celebra un acto con motivo do Día Mundial da Saúde Mental
A asociación Alume organizou un acto con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, no que particupou a Alcaldesa, e que se centrou na lectura dun manifesto sobre a necesidade de sensibilizar sobre os problemas e os dereitos das persoas con enfermidades mentais.
“E moi importante estar aquí hoxe para concienciar sobre os trastornos mentais, aínda unha doenza pouco comprendida, polo que é moi importante ofrecer información a toda a sociedade xa que as persoas que os padecen precisan de axuda e recursos, sendo conscientes que iso non debe impedir, ademais, a súa unha integración plena nas contornas familiares, sociais e laborais”, sostivo a rexedora. Neste senso, o Concello colabora con Alume na asistencia e no apoio aos usuarios.
A Alcaldesa felicitou a este colectivo pola súa actividade, que se pode consultar na súa nova web: www.alume.org. Alume foi fundada en 1995 por parte de varios familiares de persoas con enfermidade mental e profesionais da saúde mental de Lugo coa intención de sensibilizar á sociedade sobre os problemas e as necesidades do colectivo e as súas familias, así como de loitar por un aumento dos recursos sanitarios nesta materia.