Alumnado do IES Muralla Romana de Lugo gaña a IX D3MOBILE

LugoXa
O equipo do IES Muralla Romana de Lugo vén de gañar coa elaboración dun globo terráqueo a novena edición da D3Mobile Metrology World League.
globo terraqueo 3d
23 Jun 2021

O equipo NIIDEA3D do IES Muralla Romana de Lugo vén de gañar coa elaboración dun globo terráqueo a novena edición da D3Mobile Metrology World League, un campionato científico de escaneado 3D de precisión con táblet/teléfono móbil, convocado polo grupo de investigación CIGEO da EPS de Enxeñaría da USC e que conta con financiamento da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, o Concello de Lugo e a Sociedade Internacional de Forogrametría e Teledetección (ISPRS).

D3Mobile constitúe unha das iniciativas para o fomento das vocacións científicas e internacionalización do Campus Terra USC, segundo subliñou o profesor da USC e director do proxecto, Juan Ortiz Sanz, quen avanzou que un equipo de estudantes do Istituto Calasanzio de Empoli (Italia) acadou o subcampionato deste certame, concibido como unha experiencia educativa dirixida a novas promesas STEM (do inglés Sciencie, Technology, Engineering e Mathematics) co obxecto de que adquiran diversas habilidades do século XXI mediante o escaneado 3D de precisión.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20965909957886