Alumnos de Friol coñeceron en Muras o sistema de bonificación polas renovables

TerraChaXa | LugoXa
Alumnos do colexio de CPI López Suárez de Friol estiveron en Muras para coñecer de preto o sistema de boas prácticas en renovables.
conferencia muras estudantes friol luz
15 Abr 2023

Un grupo de alumnos do colexio de CPI López Suárez de Friol, xunto con tres profesores, estiveron en Muras para coñecer de preto o sistema de bonificación das facturas eléctricas e as boas prácticas en renovables.

O alcalde, Manuel Requeijo, falou con eles na Casa do Médico para explicarlles cómo conseguir reconducir unha situación complexa coa posta en marcha de axudas directas ao pago da factura da luz condicionadas ao nivel de renda, o que permite abaratar o recibo doméstico cun impacto económico e enerxético na vida da veciñanza.

Muras alberga no seu termo 20 parques eólicos desenvolvidos entre 1995 e 2009. Con algo máis de 163 km cadrados hai unha potencia instalada de 485 MW repartidos entre 381 aeroxeradores das empresas Acciona, Endesa, HEI do Arnoya SL, Iberdrola e Norvento.

Despois achegáronse ata as instalacións do parque eólico de Norvento Enerxia a cuxo persoal agradecemos tamén a implicación.

0.16393518447876