Alumnos de Rábade presentan en Lugo o seu documental 'Caldaloba'

LugoXa | TerraChaXa
O audiovisual proxectarase este venres ás 20.00 horas no Pazo de San Marcos
presentacion-documental-caldaloba
5 Feb 2025

O salón de actos acollerá este venres, 7 de febreiro, ás 20.00 horas, a proxección do documental Caldaloba, realizado por los alumnos e alumanas do IES Río Miño de Rábade Laura Campo, Uxía Moreno, Vicenzo Fernández, Javier Hermida e Isara Longarela, apoiados polo profesor da materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación Marco López.

Tras a estrea en Cospeito o pasado mes de xaneiro, a área de Cultura promove esta nova proxección coa que se amplía a difusión do audiovisual e se recoñece o traballo das autoras, do centro e das persoas que colaboraron na súa produción e gravación. O acto contará coas intervencións de Uxía Moreno, Ángel Lage, directo do centro, e Xesús Pena e Ana Pena, responsables da web Caldaloba, que recompila abundante material fotográfico e divulgativo sobre a fortaleza de Pino.

As persoas asistentes á proxección, aberta e gratuíta, recibirán un exemplar da publicación A Torre de Caldaloba, de Fernán Álvarez, que recolle o relato do autor sobre a loita colectiva a prol da recuperación de Caldaloba impulsada polas Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego.

0.1632981300354