Alumnos do obradoiro de emprego realizan en Rábade traballos na rúa Coronel Andrade

TerraChaXa | LugoXa
O alumnado do obradoiro de emprego Cumes da Terra Chá VII traballa estes días na primeira metade da rúa Coronel Andrade de Rábade realizando as beirrarúas e dotando a vía de servizos.
obradoiro emprego coronel andrade rabade
3 Abr 2024

O alumnado do obradoiro de emprego Cumes da Terra Chá VII traballa estes días na primeira metade da rúa Coronel Andrade de Rábade realizando as beirrarúas e dotando a vía de servizos.

O taller de emprego está formado por 13 alumnos e alumnas, 5 deles do propio concello de Rábade.

Durante un ano o alumnado vai adquirir coñecementos teóricos e prácticos en especialidades relativas á construción: operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e revestimentos con pezas ríxidas por adherencia. Tamén van mellorar espazos públicos dos tres municipios nos que desenvolven o traballo: Rábade, Begonte e Friol.

0.22767305374146