Alumnos e alumnas de Monforte, Cantabria, Lanzarote e Murcia visitan o Pazo de San Marcos

LugoXa | RibeiraSacraXa
O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, recibiu no Pazo de San Marcos a un grupo de alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES A Pinguela, de Monforte de Lemos; do IES La Marina de Santa Cruz de Bezana, de Cantabria; do IES Las Salinas de Arrecife, de Lanzarote; e do IES Valle del Segura de Blanca, de Murcia.
recepción no Pazo de San Marcos
11 Abr 2024

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, recibiu no Pazo de San Marcos a un grupo de alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES A Pinguela, de Monforte de Lemos; do IES La Marina de Santa Cruz de Bezana, de Cantabria; do IES Las Salinas de Arrecife, de Lanzarote; e do IES Valle del Segura de Blanca, de Murcia.

Miguel Fernández explicoulles o funcionamento da Deputación de Lugo, e as características territoriais e patrimoniais da provincia lucense, e convidounos a ser embaixadores desta terra que integran 67 concellos moi diversos. Esta viaxe forma parte dun programa promovido polo Ministerio de Educación e está enmarcado nun proxecto de traballo sobre diversidade medioambiental e uso sostible da auga, polo que farán fincapé durante esta semana nas diferencias hídricas e climáticas destas comunidades autónomas.

0.11387586593628