Alvarellos visita o CEIP Sagrado Corazón no inicio do novo curso escolar
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada da edil de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, visitou o Centro de Educación Infantil e Primaria Sagrado Corazón de Lugo co motivo do comezo do curso escolar para coñecer o funcionamento do centro de ensino público.
Neste CEIP Sagrado Corazón visitou as instalacións, tanto interiores como exteriores, e o comedor escolar, e falou co director do colexio, Roberto Souto, da futura colaboración en programas educativos e de formación do Concello de Lugo, como por exemplo o dedicado á prevención da violencia de xénero, que se vai desenvolver na maioría de colexios, institutos e centros de FP da cidade, a través da concellaría de Muller, Igualdade e Inclusión.
Como agasallo do Concello de Lugo para as alumnas e alumnos que estudan neste colexio de Lugo e para o seu equipo docente, Paula Alvarellos entregou ao director do centro un cadro da Ponte Vella de gran formato, premiado co primeiro accésit no certame de pintura rápida e obra da artista Isabel Seidel.