Álvaro L. Barreiro artífice das fotografías que ilustran o calendario de Monterroso 2022
A falta de subministro de material fixo que se atrasase o reparto dos calendarios do Concello de Monterroso 2022. No día de onte comezou a súa distribución entre os veciños. Este calendario pon en valor o territorio, o patrimonio e os recursos naturais e turísticos da zona potenciando o miliario sito en Caracacho como Monterroso cruce de camiños.
As fotografías que ilustran o calendario son obra do veciño Álvaro L. Barreiro, creador audiovisual e musical. Adicouse a estes dous campos nos últimos sete anos. Na actualidade está centrado nos seus traballos fotográficos a través de creacións orixinais e artísticas.
Se algún veciño prefire recoller de maneira presencial o calendario pode achegarse ao Concello en horario de 8.30 horas a 14.30 horas.