Álvaro Toscano dará un concerto na casa do saber de Lugo hoxe
O músico Cordobés Álvaro Toscano ofrece hoxe a partir das 13.00 horas, na Casa do Saber de Lugo, o concerto 'Vistas ao mar', no marco do ciclo 'Clásica antes do Vermú', promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, unha iniciativa que conta co apoio económico da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
A traxectoria de éxitos deste novo valor musical vén avalada por máis de quince premios internacionais, entre os que destacan premios no 96º Concurso Permanente de Xuventudes Musicais de España, Concurso Internacional Cidade de Guimaraes (Portugal), XX Concurso Internacional de guitarra clásica “Villa de Petrer” (M.J Tomás) ou o no décimo concurso del Festival Internacional da guitarra de Sevilla.
Toscano, que tamén amorea numerosos galardóns de público que denotan a súa capacidade de comunicación como músico, ofrecerá en Lugo o concerto ‘Vistas ao mar’, un título baixo o que interpretará composicións de Fernando Sor, Marco Smaili, Manuel de Falla, Joaquín Rodrigo, Astor Piazzolla ou Sergio Assad.